InicioSociedadeA Fiscalía pide 22 anos de cárcere para o vigués que matou...

A Fiscalía pide 22 anos de cárcere para o vigués que matou á súa esposa durante unha viaxe a Tenerife

O home maltrataba habitualmente á súa muller.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía Provincial de Santa Cruz de Tenerife pide unha pena de 22 anos de cárcere para o home natural de Vigo acusado de matar a puñaladas á súa esposa durante unha viaxe de vacacións a Tenerife en maio do ano pasado.

O escrito de acusación, recollido por Europa Press, sinala que o matrimonio, de orixe galega, levaba 56 anos de convivencia e, aínda que residían habitualmente en Vigo, pasaban longas tempadas no barrio dos Cristiáns, no municipio de Arona, nun apartamento.

Segundo detalla a Fiscalía, nos últimos tempos a relación entre ambos deteriorárase progresivamente debido a que o home “vexaba, desprezaba, humillaba, dominaba e sometía a violencia física e psíquica á súa muller” que, “resignada, soportaba a situación na que lle tiña subxugada o seu marido”.

Así, os días anteriores aos feitos, o acusado, de máis de 80 anos e que está en prisión preventiva polo crime, estaba afectado dunha forte dor de oídos motivo polo cal visitou en varias ocasións os centros médicos próximos á localidade.

Así, un día, tras acudir ao servizo de Urxencias de Atención Primaria do centro médico dos Cristiáns, no que se lle indicou a pauta do tratamento que semanas anteriores se lle fornecera e a fixación de nova cita, decidiu acabar coa vida da súa muller porque non soportaba a idea de falecer antes que ela.

ÚLTIMAS

“O sábado foi un día histórico en Vigo”, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este luns que a ocupación hoteleira na...

Abanca estrea as súas novas instalacións corporativas en Vigo cun investimento que supera os 25 millóns de euros

Abanca estreou este luns, 16 de novembro, as súas novas instalacións corporativas en Vigo,...

O Nadal de Vigo publicitarase en Londres, París, Nova York e Lisboa

O Concello de Vigo despregou a súa habitual campaña publicitaria a través de mupis...

Protestan ante o Concello de Vigo para pedir alternativas habitacións para persoas sen fogar que estaban na Acampada

Decenas de persoas protestaron na mañá deste luns ante as portas do Concello de...