InicioSociedadeO exfuncionario condenado no 'caso enchufe' apela ao cambio do delito de...

O exfuncionario condenado no ‘caso enchufe’ apela ao cambio do delito de malversación para pedir redución de pena

PUBLICADO O

- Advertisement -

O exfuncionario do Concello de Vigo condenado por ter ‘enchufado’ a unha cuñada de Carmela Silva (concelleira e presidenta da Deputación de Pontevedra) nunha contrata municipal, Francisco Javier G.O., pediu a revisión da condena de 5 anos e 3 meses de prisión que lle impuxo a Audiencia Provincial, e que logo confirmou o Tribunal Supremo.

Nun escrito remitido polo seu letrado ao tribunal provincial, solicítase que se revise dita pena, ao entender que se lle debe aplicar a nova redacción do tipo penal, en virtude da Lei Orgánica 14/2022 que modificou, entre outros delitos, o de malversación de diñeiro público.

Este exfuncionario foi condenado por prevaricación continuada, malversación de caudais públicos e falsidade documental, por promover a contratación dunha familiar de Silva nunha concesionaria do Concello, na que cobrou uns 108.000 euros por uns traballos que non chegou a realizar.

Segundo ese escrito remitido, en aplicación da nova redacción do código penal, a pena que se lle debe impor debe ser inferior aos 5 anos e 3 meses. Con todo, a representación procesual de Francisco Javier G.O. recoñece que a sentenza non se pode revisar se a execución da pena está suspendida.

Respecto diso, hai un ano a Audiencia Provincial acordou suspender a execución da condena mentres se tramitaba a petición de indulto presentada polo exfuncionario (solicitude rodeada de polémica, por expor entre os seus argumentos a súa pertenza a UGT e ao PSOE, e pola adhesión de varias asociacións e colectivos vigueses que reciben subvención desde o Concello de Vigo).

No entanto, o pasado 11 de abril, o tribunal provincial ditou un auto no que daba un prazo de 5 días a Francisco Javier G.O. para entrar en prisión, ao entender que, despois dun ano, a súa solicitude de indulto debía considerarse desestimada.

ÚLTIMAS

O poder arredor da mesa: quen está detrás do Foro da Toxa?

Empresas, banca, enerxía, tecnoloxía e obra pública nun foro no que tamén se reúnen...

Tenta queimar a unha persoa sen fogar en Vigo por ser “estranxeira” e logo vai tomar un café

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un varón de 53 anos, de nacionalidade...

Xulgan a unha empregada do fogar que subtraeu xoias e obxectos por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A sede viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra xulgará o vindeiro mércores, día 23,...

A Audiencia de Pontevedra celebra a audiencia preliminar contra un home acusado de insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo

A sección viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o vindeiro mércores a audiencia...