InicioVigo e contornaVigoCancelada a procesión da Inmaculada Virxe da Amargura de Vigo para este...

Cancelada a procesión da Inmaculada Virxe da Amargura de Vigo para este Venres Santo

Tal e como explica o presidente da Confraría, Guillermo Carballido Rodríguez, a decisión vén motivada polos "gravísimos" feitos ocorridos durante unha procesión cara a Santiago O Maior.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Confraría de N.P. Jesús do Silencio, Inmaculada Virxe da Amargura e Cristo da Fe, reunida este xoves en sesión de Cabildo, acordou por unanimidade cancelar o desfile procesional do Venres Santo da Inmaculada Virxe da Amargura.

Tal e como explica o presidente da Confraría, Guillermo Carballido Rodríguez, nun comunicado, a decisión, “dolorosa e histórica nos 78 anos de existencia” da confraría, vén motivada polos “gravísimos” feitos que tiveron lugar na Porta do Sol durante unha procesión cara a Santiago O Maior.

Denuncian violencia física, tamén “por parte de portadores dos pasos procesionais da Diocese cara a confrades desta confraría”.

“Iso non é máis que o culmen dunha imposición taxativa, unilateral e despectiva cara a esta institución, desde a Delegación Episcopal e os seus compoñentes, sen darnos a palabra en ningún momento, ninguneándonos en calquera toma de decisión”, alegan.

Aseguran ser “conscientes” da decisión que toman pero sinalan que, “ante todo”, deben “defender a honra da confraría, aos confrades e a súa historia”. “Unha Semana Santa é o traballo de 365 días, de moitas persoas que sacrifican, xa non o seu tempo persoal se non o que é máis importante, o seu tempo familiar“, conclúen.

ÚLTIMAS

Responsables do Golf Ría de Vigo negan fraude de case 1,5 millóns a Facenda

A muller do responsable do club de golf Ría de Vigo, acusado de varios...

“Queremos outra sanidade”, SOS Sanidade Pública manifestarase este mércores en Vigo

SOS Sanidade Pública anunciou que volverá manifestarse en Vigo o vindeiro mércores, día 4...

Intervida unha narcolancha cando era transportada nun camión en Mos

A Garda Civil de Pontevedra interveu unha posible narcolancha que estaba a ser transportada...

Ábrese o prazo de exposición pública para a revisión de autorización ambiental de CZ Vacines (Zendal) no Porriño

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución pola que se...