Localizan o corpo sen vida do home de 68 anos desaparecido desde o xoves en Vigo

Santiago Carreira Boente, desaparecido en Vigo o 30 de marzo e localizado sen vida dous días despois. CEDIDA / SOS DESAPARECIDOS

O corpo sen vida de Santiago Carreira Boente, un home de 68 anos que permanecía desaparecido desde o xoves, foi localizado na tarde deste sábado polos bombeiros de Vigo nas inmediacións do Aero Club da cidade olívica.

Así o confirmaron a Europa Press fontes do servizo de bombeiros de Vigo, que acharon o cadáver de Santiago Carreira ao redor das 19,00 horas deste sábado. Este vigués, residente na zona de Cabral, faltaba da súa casa desde o pasado xoves 30 de marzo.