InicioSociedadeO Concello subliña que a Festa da Reconquista está autorizada

O Concello subliña que a Festa da Reconquista está autorizada

Sinalan que conta cun plan de autoprotección

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo subliñou que a Festa da Reconquista que vive este fin de semana as súas datas grandes está autorizada “a efectos de celebración” e conta cun plan de autoprotección, requisito indispensable para a concesión da licenza.

Nun comunicado emitido na tarde deste venres, o goberno vigués apuntou que a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo contratou a redacción dun plan de autoprotección que foi “asinado” e “visado” por un colexio.

Segundo o consistorio que encabeza Abel Caballero, persoal dos bombeiros supervisou “adecuadamente” os medios técnicos para atender continxencias “sen que se advertise incidencia algunha”.

Unha vez terminada esta inspección, o servizo de bombeiros decidiu reordenar a atención para centralizala no parque principal de Teis, “cuxos mandos ordinarios teñen concreto coñecemento do plan de autoprotección e instrucións específicas de atención ás eventuais emerxencias durante a celebración da Reconquista”.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...