InicioSociedadeO Banco de Alimentos de Vigo recada 50.000 quilos de comida

O Banco de Alimentos de Vigo recada 50.000 quilos de comida

Ocorreu durante o Zampakilos Solidario, unha cifra "marca" conseguida nesta campaña impulsada pola cadea Vegalsa-Eroski.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo contabilizou uns 50.000 quilos de comida recadados durante o Zampakilos Solidario, unha cifra “marca” conseguida nesta campaña impulsada pola cadea Vegalsa-Eroski.

En concreto, recolléronse máis de 47.000 quilos nos 34 supermercados da provincia con presenza de voluntarios, aos que se suman tamén máis de 4.000 euros a través de achegas económicas ao pasar por caixa e que se converten tamén en produtos de primeira necesidade.

O Banco de Alimentos explicou que nesta ocasión a recollida volveu levar a cabo de forma mixta, xa que as persoas podían realizar achegas económicas ou alimentos físicos.

Só en Vigo e a súa área de influencia, incluíndo Redondela, O Porriño, Baiona, Nigrán e A Guarda, recibíronse máis de 33.000 quilos, mentres que en Pontevedra uns 12.500 quilos.

Desde a ONG valoramos enormemente o esforzo e a empatía demostrada polos clientes do grupo empresarial galego, sobre todo nun contexto tan complicado como o actual cos prezos dos alimentos disparados. Durante 2022, o Zampakilos Solidario traduciuse en 30.000 quilos de alimentos e, agora, esa cifra incrementouse en case o dobre”, indicou a Fundación nun comunicado.

ÚLTIMAS

Almuiña retira as competencias de Urbanismo ao edil de Baiona investigado pola Fiscalía

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, retirou as competencias de Urbanismo, Patrimonio e...

Vigo aproba o retranqueo dos colectores de Balaídos para ampliar Tribuna cara ao Mundial 2030

O goberno de Vigo aprobará finalmente este venres o proxecto para o retranqueo dos...

A investigación polo accidente mortal no Saltamontes de Matamá encara a súa recta final

A investigación xudicial do accidente mortal ocorrido na atracción Saltamontes, en agosto de 2024,...

Un estudo do IEO investiga as especies causantes de floracións de algas nocivas nas Rías Baixas

Un equipo do Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (IEO, CSIC),...