InicioSucesosPiden colaboración cidadá para atopar ao agresor dun home, que continúa grave...

Piden colaboración cidadá para atopar ao agresor dun home, que continúa grave tras un mes do suceso

O home foi localizado inconsciente

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional de Vigo pediu este xoves colaboración cidadá para atopar ao agresor dun home, veciño da cidade de 40 anos de idade, que resultou ferido na madrugada do sábado 25 de febreiro na rúa O Porto e que na actualidade continúa ingresado en estado grave nun centro hospitalario.

Segundo informou este corpo de seguridade, o home foi localizado sobre as 06,30 horas á altura do número 9 da devandita vía. Atopábase inconsciente e sangrando “abundantemente” polo ollo esquerdo. Ademais, presentaba un golpe na parte posterior da cabeza.

A pesar de que na zona había un grupo de persoas, ao tratarse dunha rúa con varios locais de copas, estas non observaran nada. A Policía non descarta ningunha hipótese, podendo ser lesións accidentais ou froito dunha agresión.

Dada a súa situación, o home foi trasladado a un centro hospitalario, onde continúa un mes despois en estado grave, polo que non pode responder as preguntas dos policías.

As investigacións permitiron saber que o home estivera en varios establecementos esa noite e que abandonou un deles sobre as 06,15 horas. Con todo, descoñécese quen puido habelo agredido, polo que a policía solicita que se alguén sabe calquera cousa dos feitos, que se poña en contacto co 091 ou no correo electrónico ‘vigo.prensa@policia.es’.

Entre outros detalles, o home vestía un pantalón vaqueiro cor clara, unhas deportivas marróns e un plumífero beige no momento dos feitos.

 

ÚLTIMAS

A Xunta autoriza a licitación de 55 vivendas públicas en San Paio de Navia

O Consello da Xunta deu luz verde á licitación do contrato de execución das...

A ‘guerra’ de pantallas non dá tregua: Abel Caballero chama aos vigueses a ver a semifinal nunha “pantalla xigante de verdade”

A peculiar 'guerra' entre Deputación de Pontevedra e Concello de Vigo pola instalación de...

Condenado a tres anos de prisión un home por tráfico de drogas

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena de tres anos...

Saen dous camións de bombeiros de Vigo cara a Ucraína

O Concello de Vigo formalizou a doazón de dous camións de bombeiros a Ucraína,...