InicioSociedadeDetido un home en Vigo por entrar a roubar en tres vivendas...

Detido un home en Vigo por entrar a roubar en tres vivendas de Teis, algunhas cos seus inquilinos no interior

Unha vez dentro, subtraía diñeiro e equipos informáticos, ademais de provocar "pequenos danos".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home foi detido na cidade de Vigo como presunto responsable de tres roubos con forza cometidos en vivendas do barrio de Teis, ás que chegou a entrar en momentos nos que os seus inquilinos se atopaban no interior.

Segundo informou este luns a Policía Nacional de Vigo-Redondela, os asaltos producíronse a finais do mes de febreiro en vivendas situadas na mesma zona. Tras as denuncias presentadas, as investigacións lograron identificar o suposto resposnable destes roubos, que chegou a ser visto no interior dos pisos polos seus ocupantes.

O individuo lograba entrar nas vivendas a través de xanelas ou portas que se atopaban abertas ou eran fáciles de manipular. Unha vez dentro, subtraía diñeiro e equipos informáticos, ademais de provocar “pequenos danos”.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...