InicioSociedadeO billete do bus urbano de Vigo sobe o a 1,49€, pero...

O billete do bus urbano de Vigo sobe o a 1,49€, pero non haberá incremento para usuarios da PassVigo

O incremento do billete do bus urbano débese á subida dos "custos" do devandito servizo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O bus urbano de Vigo aplicará a partir do venres unha nova tarifa, a de 1,49€ para o billete ordinario, aínda que esta subida non afectará os usuarios do cartón PassVigo, xa que o Concello asumirá esa subida, cunha subvención a maiores da que xa se aplica nos billetes bonificados.

Segundo explicou o alcalde, Abel Caballero, en rolda de prensa, o incremento do billete do bus urbano, servizo que presta a concesionaria Vitrasa, débese á subida dos “custos” do devandito servizo, e lembrou que esa actualización se calcula en función dunha fórmula prevista no contrato. “E ese contrato non o asinei eu, eu prorrogueino pero non o asinei”, engadiu.

Deste xeito, a partir do venres os usuarios de billete normal pasarán de pagar 1,40 a 1,49 euros, sempre que non se dispoña de cartón PassVigo. O alcalde subliñou que esa subida de 9 céntimos será asumida polo Concello, cunha subvención que se suma á axuda municipal e a do Goberno central, que xa bonifican as viaxes para os usuarios do cartón (case 216.000 segundo o alcalde).

Nese sentido, o prezo dos billetes bonificados mantense para os usuarios do cartón en 0,49 euros (billete ordinario), 0,47 euros (estudantes), 0,39 euros (billete social), 0,37 euros (universitarios) e gratuíto para pensionistas. O ano pasado tamén se aplicou unha subida ao billete, de 6 céntimos (de 1,35 a 1,40 euros).

O rexedor olívico puxo en valor a achega da administración local (e as axudas do Goberno central), que sobe de 11,7 a 12,5 millóns de euros que, insistiu Abel Caballero, non se pagan á concesionaria senón aos viaxeiros. “Non lle pagamos nada a Vitrasa”, recalcou, á vez que criticou que a Xunta achega “cero subvención” ao bus urbano de Vigo.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...