InicioSociedadeVigo ten 350 casos activos de violencia de xénero, dos que 8...

Vigo ten 350 casos activos de violencia de xénero, dos que 8 son de risco alto

O 45 % das mulleres vítimas teñen entre 31 e 45 anos de idade, e 92 delas teñen ou tiveron máis dun agresor.

PUBLICADO O

A cidade de Vigo conta con 350 casos de violencia de xénero activos no sistema VioGen, dos que 8 son mulleres en risco algo e 48 en risco medio, segundo os datos confirmados pola Subdelegación do Goberno en Pontevedra.

Así, dos 350 casos rexistrados no sistema, 8 son de risco alto, 48 de risco medio, 140 de risco baixo e 154 de risco non apreciado. Na actualidade, a Policía Nacional, a través da Unidade de Atención á Familia e a Muller (UFAM), fai seguimento de 203 casos, mentres que a Policía Local fai seguimento a 77 mulleres, e a Policía Autonómica a 70.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a subdelegada do Goberno, Maica Larriba, han copresidido este luns a reunión da Xunta Local de Seguridade da cidade, na que se deron a coñecer estes datos, e ambos participaron na formalización da renovación da adhesión do Concello ao protocolo VioGen.

O novo protocolo de colaboración foi asinado polo rexedor olívico e o Comisario da Polícia Nacional de Vigo-Redondela, Ramiro José Gómez. O texto recolle a repartición de funcións e asignacións de vítimas entre as forzas e corpos de seguridade do Estado, e adecúase á normativa actual. Para completar a súa adhesión, o Concello deberá asinar agora o convenio co Ministerio do Interior.

A subdelegada do Goberno, Maica Larriba, agradeceu o compromiso do Concello olívico, que desde 2011 forma parte deste sistema de seguimento integral a vítimas de violencia de xénero, e fixo un chamamento aos municipios que aínda non se adheriron para que o fagan e así “continuar avanzando na erradicación da violencia contra as mulleres”.

Segundo os datos do sistema VioGen, con 350 casos, a cidade de Vigo concentra máis do 25 % das vítimas de violencia de xénero rexistradas neste protocolo. No que vai de 2023, déronse de alta 80 novos casos, dos que 69 aínda continúan activos. O 45 % das mulleres vítimas teñen entre 31 e 45 anos de idade, e 92 delas teñen ou tiveron máis dun agresor. Así mesmo, 80 dos agresores tiveron máis dunha vítima.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...