InicioSociedadeDeputación e EFCA acordan un programa de plantación de árbores para compensar...

Deputación e EFCA acordan un programa de plantación de árbores para compensar as emisións de carbono

Ademais, aproveitou a reunión para destacar que sexa unha muller a que dirixe unha institución como a Axencia de Control de Pesca

PUBLICADO O

- Advertisement -

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e a directora da Axencia Europea do Control da Pesca (EFCA, polas súas siglas en inglés) reuníronse este martes en Vigo para afianzar a relación entre ambos os organismos e abordar novas vías de colaboración.

Neste contexto, acordaron a posta en marca dun programa de plantación de árbores para compensar a pisada ambiental nos concellos da provincia. Tal como indicou a Deputación nun comunicado, trátase dunha iniciativa que se implementará para compensar cada viaxe que se faga por parte da Axencia.

“Ambas as administracións estamos plenamente comprometidas co medioambiente, cun relato que tamén comprometa á sociedade, polo que é necesario establecer vínculos e adoptar acordos que sigan mostrando os nosos respectivos obxectivos ambientais”, subliñou Silva.

A presidenta provincial tamén mostrou a súa “total disposición” para que a EFCA poida usar a sede viguesa da Deputación para desenvolver algunha das súas actividades.

Ademais, aproveitou a reunión para destacar que sexa unha muller a que dirixe unha institución como a Axencia de Control de Pesca. “É moi importante visibilizar ás mulleres como Susan Steele porque as mozas necesitan referentes e que unha muller dirixa esta axencia ten moita importancia”, subliñou.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...