InicioSociedadeO goberno vigués manda retirar unha lona de Fernández-Tapias por incumprir a...

O goberno vigués manda retirar unha lona de Fernández-Tapias por incumprir a normativa e o PP ve “un ataque político”

Denuncian que a medida se acordou "ao día seguinte" de porse o cartel, nun lugar que leva "anos" como emprazamento publicitario

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno municipal ordenou a retirada dunha gran lona publicitaria coa imaxe da candidata do PP á alcaldía de Vigo, Marta Fernández-Tapias, instalada o pasado luns na fachada dun edificio na céntrica rúa Colón, alegando que incumpre a normativa urbanística e a ordenanza sobre publicidade exterior, pero o PP denunciou que se trata dun “ataque político” e un acto de “censura”, porque dita fachada leva “anos” utilizándose como emprazamento publicitario.

O goberno local remitiu aos medios un comunicado, acompañado por documentación de expedientes da Xerencia de Urbanismo, nos que se detalla que os propietarios dese edificio tiñan unha licenza de 2018 para a súa rehabilitación.

Con todo, tras o baleirado interior do inmoble e algunhas medidas de seguridade para apontoar os muros, a obra non avanzou. De feito, mesmo se lle impuxo unha multa de 1.000 euros aos donos do edificio por non tomar medidas tras ser declarado en ruína técnica.

O pasado luns, xusto o día en que o PP presentaba ante os medios esa gran lona (coa lema ‘Marta. En Vigo todo é posible’ e a foto da candidata), a concelleira de Urbanismo, María José Caride, resolveu iniciar o expediente de declaración de caducidade da licenza de rehabilitación do edificio.

Un día despois, un inspector municipal emitiu informe tras visitar a zona, no que detallaba a instalación desa lona publicitaria, e a existencia dunha estrutura metálica con focos, así como unha soleira de formigón.

Ese mesmo día, o xerente de Urbanismo, José Carlos Hernández Figueruelo, asinou o requirimento á emprsa dona do edificio para que retirase a lona e o resto de elementos por constatarse ” un incumprimento da normativa urbanística e da ordenanza reguladora da publicidade exterior”.

“ATAQUE POLÍTICO”

Horas despois de que esa lona fose retirada, o portavoz do PP no Concello, Alfonso Marnotes, acompañado por membros da dirección do partido en Vigo, compareceu ante os medios para denunciar que a decisión do Concello obedece a un “ataque político” e á “censura” do alcalde da cidade, Abel Caballero, que “sente atacado” porque esa lona “rompía por primeira vez en 16 anos o seu omnipresencia”.

Segundo lembrou Marnotes, durante “moitos anos”, a fachada dese edificio foi emprazamento publicitario de empresas e institucións, e preguntou “que pasou” para que o Concello decida neste momento, “ao día seguinte” de que o PP presentase esa imaxe, ordenar a súa retirada usando “o macarrismo político” e a normativa de forma “torticera”. “Precisamente por cousas como esta, o proxecto do PP é máis necesario que nunca”, apostilou o portavoz.

Así, cuestionou que, “se se fai isto contra un partido político, que non se fará contra o resto de cidadáns, empresas e organizacións que sofren todos os días a censura do alcalde”. “Isto é un ataque á liberdade de expresión. O alcalde sentiuse atacado porque cre que a cidade é súa”, sentenciou.

ÚLTIMAS

PP e BNG emendan a ordenanza das Zonas de Baixas Emisións de Vigo: uns piden atrasar multas e outros devolver o texto

Os grupos municipais da oposición no Concello de Vigo presentaron as súas emendas ao...

Tres detidos por abandonar a un home ferido nunha cuneta en Moaña

A Policía Nacional detivo nas últimas horas a tres persoas supostamente relacionadas coa aparición...

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...