InicioEconomíaConvocan prazas para cubrir coordinación de Enfermaría en catro centros de Vigo...

Convocan prazas para cubrir coordinación de Enfermaría en catro centros de Vigo e o de Tui

As solicitudes deben presentarse preferentemente no rexistro de entrada do Sergas de Vigo, na rúa García Barbón, ou polos procedementos administrativos comúns, nun prazo de 15 días hábiles.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves a orde da Consellería de Sanidade pola que se convoca a provisión de cinco prazas para cubrir a coordinación de Enfermaría doutros tantos centros de saúde da área sanitaria de Vigo, catro deles na cidade olívica e o centro de saúde de Tui.

Segundo recóllese na orde, cubriranse polo procedemento de libre designación os postos de coordinación de Enfermaría do servizo de atención primaria dos centros de saúde vigueses de Pintor Colmeiro, Coia, López Moura e San Paio de Navia. Ao que se suma o centro de saúde de Tui.

As solicitudes para participar nesta convocatoria deben presentarse preferentemente no rexistro de entrada do Sergas de Vigo, na rúa García Barbón, ou a través dos procedementos administrativos comúns, nun prazo de 15 días hábiles.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...