InicioPolíticaCaballero a Marta Fernández-Tapias: "Esta candidata, vaise a presentar pola Coruña? Porque...

Caballero a Marta Fernández-Tapias: “Esta candidata, vaise a presentar pola Coruña? Porque da cidade de Vigo non sabe nada”

A candidata popular denuncia que o Goberno central ten esquencido as inversións en Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, saíu ao paso este luns das acusacións do PP, que cifrou en 4.100 millóns de euros a “débeda histórica do Goberno” central socialista coa cidade, e asegurou que os proxectos citados polos ‘populares’ son, en realidade, débedas do seu propio partido con Vigo.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico arremeteu contra a candidata do PP á Alcaldía, Marta Fernández-Tapias, que denunciou a inoperatividade do Goberno de Sánchez con Vigo, e afirmou que “ou mente ou non se decata”. “Non me estraña que teña a cualificación máis baixa de todos os candidatos do PP en Galicia, segundo un diario”, apostilou.

Así, Abel Caballero enumerou os proxectos que, ao seu xuízo, paralizáronse ou atrasado por culpa de gobernos ‘populares’, empezando polo AVE directo Vigo-Madrid, negado en primeiro lugar “por Fraga” e paralizado posteriormente “polo goberno de Mariano Rajoy e Ana Pastor, con apoio de Feijóo”.

Do mesmo xeito, atribuíu ao expresidente galego e actual presidente do PP o intento de paralizar a nova autovía en túnel ao Porriño; tamén lembrou que a VG-20 foi feita por un goberno ‘popular’, que foi o que non a soterrou; e engadiu que os accesos ao Ifevi “ten que facelos a Xunta”, como responsable do recinto feiral.

, proclamou Abel Caballero, quen afirmou que o “descoñecemento” da urbe olívica por parte de Marta Fernández-Tapias “clama ao ceo”. “É unha ignorancia total da cidade”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...