InicioEconomíaRetro Galicia celebra este fin de semana en Vigo a súa XII...

Retro Galicia celebra este fin de semana en Vigo a súa XII edición repasando os 110 anos de historia de Aston Martin

As entradas xerais teñen un prezo de 8 euros

PUBLICADO O

- Advertisement -

Retro Galicia levará a cabo o seu XII edición este fin de semana en Vigo facendo un repaso polos 110 anos de historia de Aston Martin, celebrando os 40 anos da chegada do Peugeot 205 ou o 75 aniversario dun dos modelos máis míticos de Porsche: o 356. Estes serán algúns dos contidos máis destacados do salón, que se desenvolverá no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) este sábado e domingo, días 11 e 12 de febreiro.

Exposicións de coches e motos clásicas, zona de compra-venda de particulares, aparcadoiro para os clásicos dos afeccionados, postos de recambios, accesorios ou agasallos son algúns dos atractivos deste evento, segundo informaron os organizadores na súa presentación este mércores.

“A feira de clásicos referencia no noroeste de España ofrecerá, como xa é habitual, unha mostra de calidade, onde os afeccionados poderán gozar de absolutas xoias das dúas e o catro rodas. Os aniversarios, como o de Peugeot, Aston Martin ou Porsche serán parte dos grandes atractivos ao longo do fin de semana”, engadiron nun comunicado.

Ademais, Retro Galicia levará a cabo unha homenaxe aos dous irmáns pilotos Sergio e Diego Vallejo, unha parella “inseparable” que conseguiu gañar dúas veces o Campionato de España de Rallyes aos mandos dun Porsche 911 Carreira GT3 RS, que tamén estará presente na exposición.

Así mesmo, haberá unha serie de actividades paralelas á exposición, como a décimo quinta edición do Rally de Primavera, organizado pola escuadra Vigo Clásicos, que tomará como punto de partida o Ifevi o sábado ás 11,00 horas.

O horario de apertura de Retro Galicia para os dous días será ás 10,00 horas, pechando o sábado ás 21,00 horas e o domingo ás 20,00 horas. As entradas xerais teñen un prezo de 8 euros, aínda que se se acode en vehículo clásicos dous dos ocupantes só pagarán 6 euros.

ÚLTIMAS

Vertidos de augas fecais obrigan a Baiona a pechar dúas praias mentres seguen ondeando as súas bandeiras azuis

O Concello de Baiona anunciou hoxe a prohibición temporal do baño nas praias de...

Un home e unha muller morren nun accidente de tráfico no Porriño

Unha muller de 68 anos e un home de 62 anos...

O primeiro vehículo orbital español sairá de Nigrán: UARX Space lanza este outono Ossie rumbo ao espazo

A compañía UARX Space lanzará este outono Ossie, o primeiro vehículo de transferencia orbital...

O festivo da Reconquista pasará ao luns 29 de marzo por caer en domingo en 2027

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que este mes o goberno local aprobará...