InicioSociedadeExtirpan un parafuso incrustado nos bronquios dunha muller que o aspirou 8...

Extirpan un parafuso incrustado nos bronquios dunha muller que o aspirou 8 meses antes

Tratábase dunha peza de titanio inhalada sen darse conta pola paciente.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha muller de 70 anos de idade foi intervida no Hospital Vithas de Vigo para a extracción dun parafuso de titanio de uso dental dos seus bronquios, que a paciente aspirara sen darse conta varios meses antes.

A presenza do corpo estraño causoulle repetidas infeccións respiratorias ao longo de varios meses e, tivo que ser sometida a unha broncoscopia, por parte do servizo de pneumoloxía.

O doutor Antonio Fernández Rodríguez retirou o parafuso, que fora localizado uns meses antes mediante unha radiografía de tórax, e presentou o vídeo da intervención ao III concurso de vídeos de pneumoloxía intervencionista da Sociedade Española de Pneumoloxía e Cirurxía Torácica.

A orixe desta situación sitúase hai case un ano, cando a muller foi sometida unha cirurxía dental para a colocación duns implantes óseos. Dous meses despois, colocáronselle os tapóns de cicatrización e, un mes despois, puxéronselle as próteses definitivas.

A muller non foi consciente de que aspirara un corpo estraño, que resultou ser un parafuso de titanio dos que se empregan habitualmente nos implantes dentais, de 9 mm de lonxitude por 5,5 mm de diámetro. O parafuso foi aspirado nalgún momento entre a segunda e a terceira intervención, polo que estivo aloxado nun bronquio uns 8 meses.

INTERVENCIÓN

A muller empezou a ter infeccións respiratorias e, tras unha radiografía e un TAC, nos que se observaba un corpo estraño no lóbulo inferior dereito do pulmón, foi derivada á consulta do doutor Fernández Rodríguez.

A paciente padece EPOC e bronquiectasias bilaterais (bronquios dilatados e inflamados) colonizadas pola bacteria Proteus mirabillis, por iso sufría tantas infeccións. As probas revelaban a presenza dun corpo estraño nos bronquios, pero non se puido identificar que era.

Finalmente, levou a cabo unha broncoscopia, na que tamén participaron anestesista e enfermeira, dada a idade e complicacións da muller. Con axuda do videobroncoscopio, o médico puido localizar o parafuso que, afortunadamente, estaba liberado de tecido, e puido extraelo cunhas pinzas.

Dado que non existen casos de corpos estraños intrabronquiales de titanio na literatura médica, o neumólogo de Vithas Vigo concluíu que “posiblemente o titanio non provoque reacción de corpo estraño na vía aérea e non forme tecido de granulación”.

Respecto diso, recoñeceu que, finalmente, a extracción foi “máis fácil do esperado”. A intervención foi ambulatoria e a paciente foi dada de alta ás poucas horas da intervención atopándose asintomática.

ÚLTIMAS

Luz verde ambiental ao PERI da antiga fábrica de Álvarez en Cabral: deberá conservar a antiga fábrica e a cheminea

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres o informe ambiental estratéxico do...

Un operativo antidrogas en dúas casas de Vigo, unha delas okupada, remata con tres detidos

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo desarticularon un punto negro de venda...

Peinador opera “con normalidade” a pesar da folga de controladores

Os aeroportos de Vigo e da Coruña operan "con normalidade" este venres a pesar...

A Xunta destaca ao Real Club Náutico de Vigo como “referente deportivo e social” no seu 120 aniversario

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este xoves no acto...