InicioSucesosDetidas dúas mulleres dun grupo especializado en roubo con forza en domicilios

Detidas dúas mulleres dun grupo especializado en roubo con forza en domicilios

O modus operandi destes grupos consiste en forzar as fechaduras, fractura de bombín e apalancar as portas, empregando forza.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Comisaría da Policía Nacional de Vigo-Redondela detiveron a dúas mulleres pertencentes a un grupo organizado criminal, de carácter itinerante, altamente especializado en roubos con forza en domicilios.

A investigación iniciouse hai uns meses, nos que se mantiveron activos os operativos de prevención de roubos en vivendas, ante a presenza de grupos especializados e itinerantes que se desprazaron por toda a xeografía española. Así, as forzas e corpos de seguridade foron alertadas cando se detectaron roubos na súa zona de actuación que puidesen coincidir polo modus operandi con estes grupos.

Ás dúas mulleres, unha delas cunha reclamación xudicial en vigor, intervénselles un vehículo, luvas, teléfonos móbiles e 1.300 euros en efectivo, ademais de ferramentas e utensilios (desaparafusadores, chaves inglesa, ganzúas,…), susceptibles de ser utilizados para cometer este tipo de delitos.

O modus operandi destes grupos consiste en forzar as fechaduras, fractura de bombín e apalancar as portas, empregando forza.

A investigación, que continúa aberta, e non se descartan novas detencións, permitiu o esclarecemento de cinco roubos en domicilio cometidos en Vigo, sete en Valladolid e cinco en Salamanca.

A Policía Nacional destaca que a investigación e o operativo policial levado a cabo “pon de manifesto a capacidade de intercambio de información e eficacia das distintas canles de cooperación policial a nivel nacional e internacional” á hora de combater o crime organizado.

ÚLTIMAS

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...