InicioMovementos SociaisA CNT acusa ao Concello de Oia de explotar aos bolseiros "sen...

A CNT acusa ao Concello de Oia de explotar aos bolseiros “sen pagar un céntimo”

PUBLICADO O

- Advertisement -

A CNT-Vigo vén de abrir un conflito sindical contra o Concello de Oia pola “contratación en fraude de lei das bolseiras e bolseiros” neste Concello.

Denuncian dende a agrupación sindical que “a Deputación de Pontevedra creou un sistema de bolseiros para os concellos da provincia que, na realidade, encubre o que debería ser a contratación de técnicos nas distintas áreas requeridas; un sistema, en consecuencia, a custe cero para os concellos (sobre todo os pequenos), que, tendo necesidade destes traballadores cualificados, os obtén sen pagar un céntimo”.

E engaden que a propia Presidenta da Deputación, Carmela Silva, recoñeceu que “este plan de prácticas permite aos concellos ter cubertas necesidades de persoal”, “recoñecendo asimesmo non só a comisión dunha fraude senón dunha aberrante explotación laboral”.

“A CNT-Vigo non vai parar en loitar contra esta fraude laboral e acadar a conversión destes falsos bolseiros en traballadores con todos os seus dereitos“, defenden, polo que convocan concentracións de denuncia diante da casa consistorial de Oia (R/ Vista Alegre s/n Oia-Pontevedra) o venres 06 de xullo ás 11:30h e o venres 13 de xullo ás 11:30h. Tamén o venres 20 de xullo:ás 11:30h na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo (R/Oporto, 3).

Lamentaron dende CNT ademais que “ninguén do consistorio se dignou a falar connosco para resolver a situación a través da negociación, ademais de que a alcaldesa, Cristina Correa Pombal, abandonase o seu posto de traballo pouco antes de achegarmos ao consistorio, demostrando así a pouca valentía ao non querer dar a cara e ningunha intención de achegarse a nós nin dialogar”.

Por isto mesmo, fixeron un chamamento a todos os medios de comunicación para que “informen e difundan estas prácticas laborais ilegais, estes abusos na contratación e a explotación de bolseiros dentro da administración pública”.

ÚLTIMAS

Un xulgado de Vigo recoñece a incapacidade a unha cociñeira á que o INSS mandou traballar “preto dun hospital”

A Praza Número 6 da Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo...

Abel Caballero reclama cofinanciamento para subvencionar voos en Peinador e acusa á Xunta de querer “pechar” o aeroporto

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, defendeu este xoves que o aeroporto da cidade...

Colectivos de Vigo convocan unha protesta de urxencia ante o asalto á flotilla con dous vigueses a bordo dos que non se teñen noticias

Vigo acollerá este xoves 30 de abril, ás 20:00 horas, unha concentración no Paseo...

Sindicatos policiais denuncian en Vigo falta de persoal e unha comisaría “indigna”

Os sindicatos policiais SUP e CEP levaron a cabo este xoves unha concentración diante...