InicioVal MiñorGondomarDenuncian o "aberrante" recheo na canteira de Penide, que pon en perigo...

Denuncian o “aberrante” recheo na canteira de Penide, que pon en perigo a conservación do hábitat

A Plataforma Pola Protección da Serra do Galiñeiro lamenta os feitos e esixe dupurar responsabilidades.

PUBLICADO O

- Advertisement -

“Se hai vinte anos no Lapido fomos testemuñas da afección do río Morgadáns e da aberración paisaxística, orográfica e ecosistémica provocada pola chamada restauración da canteira que alí había, agora vémonos no inicio do mesmo proceso”, lamenta a Plataforma Pola Protección da Serra do Galiñeiro. Porque, denuncian, agora a lama pode acabar definitivamente co hábitat de Prado debido ao recheo da canteira de Penide. “En realidade víase vir, pero atallar este tipo de atropelos é difícil”, apuntan dende a plataforma.

“Á vista está que a terra botada supera a cota do terreo circundante, e tamén a do monte que existía antes da canteira e o letreiro indicativo de tal restauración non existe“, censuran antes de sinalar que “os sedimentos que a chuvia arrastra dese gran depósito están xa na Chan das Moutas, zona de importante valor ecolóxico; e o río de Vilas no seu nacemento vai cheo de barro nos días de chuvia”. Deste xeito, pregúntanse se os sedimentos chegarán a unha das ramas do río de Morgadáns, que nace xustamente aí.

“Unha desgraza que pasen os anos, se fale cada vez máis de sustentabilidade, cambie o partido político que goberna a Entidade Local Menor de Morgadáns eo partido que goberna o Concello de Gondomar, e se repitan exactamente os mesmos feitos”, apuntan. Dende a plataforma reivindican a importancia das bouzas, que son as últimas que restan en Prado e foron noutrora un barrio mentres que hoxe “delas só queda o nome”, e esixen aos que teñen responsabilidade neste asunto que a asuman.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...