InicioVal MiñorBaionaBaiona organizará en setembro o mundial da clase J-80 de vela, a...

Baiona organizará en setembro o mundial da clase J-80 de vela, a primeira vez en Galicia

PUBLICADO O

- Advertisement -

Baiona será no mes de setembro a capital da vela coa organización do mundial da clase J-80, que recalará en Galicia por primeira vez.

Este venres tivo lugar a presentación na Feira Internacional de Turismo (Fitur), que contou coa participación do vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

O número tres do Goberno galego destacou a oportunidade desde o punto de vista turístico que representa para a comunidade esta cita, que se desenvolverá entre o 18 e o 24 de setembro.

Segundo recolle un comunicado, Calvo puxo o acento no binomio entre turismo e deporte, algo que, coa organización de citas de “primeiro nivel”, permiten “incrementar a presenza internacional da marca Galicia”.

Así, agradeceu o traballo do Monte Real Club de Iates de Baiona, promotores de traer a Galicia este mundial para barcos de vela de oito metros.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...