InicioSociedadeO bispo de Tui-Vigo, ante as acusacións dun grupo de laicos de...

O bispo de Tui-Vigo, ante as acusacións dun grupo de laicos de ‘miguelianos’: “Non impuxen silencio a ninguén”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O bispo de Tui-Vigo, Luís Quinteiro Fiuza, defendeu que el non impuxo “silencio a ninguén”, en resposta a un grupo de persoas laicas que pertenceron á Orde e Mandato de San Miguel Arcángel, coñecida como dos ‘Miguelianos’, que este xoves dixo que non falaron até o momento por ordes do bispo de Tui-Vigo de gardar “silencio”.

Ao ser cuestionado por este tema nunha rolda de prensa, Quinteiro limitouse a dicir que non impuxo silencio “a ninguén”, e engadiu que “por respecto á Xustiza” non ten “nada que dicir” sobre este caso, que se segue xudicialmente.

“Non é por capricho, teño unha misión e unha responsabilidade”, selou, após o que un portavoz do bispado agregou que “neste momento hai que respectar o que ocorra coa Xustiza, e no seu momento dirase o que se teña que dicir”.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...