InicioCulturaUnha banda de gaitas de Uruguai con orixe en Val Miñor realizará...

Unha banda de gaitas de Uruguai con orixe en Val Miñor realizará a xira 20 aniversario en Galicia

Esta é a única banda de gaita galega existente en Uruguai e está formada, na meirande parte, por descendentes de galegos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Banda de Gaitas ‘Irmandade’ do Centro Social Cultural e Deportivo de Bolos Valle Miñor en Montevideo (Uruguai) ofrecerá unha xira de actuacións por Galicia no mes de setembro para celebrar os 20 anos da súa fundación, cando foi creada por descendentes de emigrantes galegos co obxetivo de continuar coa tradición musical dos seus pais e avós e promover a gaita tradicional galega.

Nesta Xira 20 Aniversario a banda actuará en varias localidades da Coruña e Pontevedra. En Gondomar o 10 de setembro, en Nigrán o11 de setembro, en Baiona o 12 de setembro, no Porriño o 13 de setembro e en Laxe o 14 de setembro. Tamén actuarán no ‘Luar’ o 15 de setembro, en Barro o 16 e ao día seguinte en Carballo.

Durante 20 anos, por esta formación pasaron distintas xeracións de descendentes galegos, dende nenos ata adultos. Hai que destacar que é a única banda de gaita galega que existe en Uruguai, que durante o ano participa en actividades do Centro Valle Miñor e doutras asociacións da colectividade galega e española en Uruguay.

Dende os seus inicios, a Banda de Gaitas ‘Irmandade’ estivo dirixida por Vicente Carlos González Siri, fillo dun inmigrante da zona de Baiona, que foi un destacado alumno do gaiteiro Celestino Pichel e tamén imparte clases en distintos Centros galegos de Uruguai.

Finalmente, no mes de outubro a banda celebrará un concerto especial no Auditorio Nelly Goitiño de Sodre, en Uruguai,para celebrar o seu 20 aniversario, coa colaboración dalgúns invitados.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...