InicioTraballoO TSXG ordena a Stellantis a respectar os problemas de saúde dun...

O TSXG ordena a Stellantis a respectar os problemas de saúde dun traballador tras ser enviado á quenda de noite

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) freuou os abusos de Stellantis Vigo nas adaptacións de postos por motivos de saúde. Así o sinala o sindicato CUT que informa que a Sala do Social declarou inxustificada a decisión da factoría de enviar á quenda de noite a un operario veterano con patoloxías físicas e apnea do sono. 

A resolución xudicial condena á multinacional a repoñer inmediatamente ao afectado na súa quenda orixinaria de día (rotativa de mañá e tarde).O fallo estima o recurso interposto polo sindicato CUT en defensa dun operario con máis de 29 anos de antigüidade na planta de Balaídos. O traballador, considerado “especialmente sensible” debido a limitacións musculoesqueléticas, solicitara unha adaptación ergonómica das súas tarefas. 

A dirección de Stellantis asignoulle o posto pero impúxolle o paso obrigatorio á quenda nocturna, alegando que non había vacantes dispoñibles de día. A sentenza do TSXG fundamenta a súa decisión en dous puntos clave. Por unha banda, a quenda nocturna como penalidade xa que lembra que o traballo de noite conleva un réxime de especial penalidade para a saúde (art. 36.4 do Estatuto dos Traballadores e Directiva Europea 2003/88). Impoñela a quen ten patoloxías incompatibles, como a apnea do sono, agrava o risco e vulnera a prevención eficaz.

Por outra banda, a carga da proba empresarial xa que corresponde á empresa demostrar de xeito obxectivo que non existen vacantes diúrnas dispoñibles, sen que sirva como escusa a mera afirmación unilateral para modificar as condicións de traballo.

ÚLTIMAS

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...

Organizacións de produtores de Vigo reclaman axilizar axudas ante a “difícil situación” da frota pesqueira

Organizacións de produtores viguesas (Opnapa, OPPC-3 e OPPF-4) trasladaron á secretaria xeral de Pesca,...

Besteiro pon o foco nas 100.000 vivendas baleiras de Galicia e esixe á Xunta actuar, poñendo a Vigo como exemplo de boa xestión: “Non...

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, puxo este venres como exemplo...