InicioSucesosAmarga ponte de Reis con 57 accidentes e 72 feridos nas estradas...

Amarga ponte de Reis con 57 accidentes e 72 feridos nas estradas galegas

A ponte do Día de Reis deixou un balance nas estradas galelgas de 57 accidentes de circulación que causaron 72 feridos e dous falecidos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Así figura na recompilación das incidencias xestionadas por Urxencias Sanitarias 061 entre o mediodía do xoves 5 de xaneiro e a medianoite deste domingo.

En total, a central de emerxencias recibiu 72 chamadas para alertar de 57 accidentes, 20 deles rexistrados no Día de Reis, xornada con maior sinistralidade da fin de semana.

Pontevedra foi a provincia con máis accidentes de tráfico durante a ponte con 24, seguida da Coruña (14), Lugo (10) e Ourense (9).

En 58 dos casos atendidos os feridos foron evacuados a centros sanitarios, mentres que 12 recibiron atención no propio lugar do accidente.

Así as cousas, a ponte de Reis deixa dous falecidos nas estradas galegas. O primeiro produciuse o venres día 6 nun sinistro en Caldas de Reis (Pontevedra) no que morreu un home de 54 anos.

Un día máis tarde, o sábado 7 de xaneiro, outro home, de 41 anos de idade, faleceu nun accidente na A-52 en Salvaterra no que tamén resultaron feridas graves a súa muller e a súa filla de tan só 13 meses e o conductor do vehículo que provocou o tráxico sinistro.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...