InicioSucesosFalece un operario de 38 anos nunha nave de materiais de construción...

Falece un operario de 38 anos nunha nave de materiais de construción en Tui

Foi despois de caer dunha carretilla elevadora.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un traballador de 38 anos faleceu este luns na localidade pontevedresa de Tui despois de caer dunha carretilla elevadora. O suceso ocorreu no lugar de Ribe, sobre as 11,30 horas, nunha nave de materiais de construción e accesorios.

O home, con iniciais M.E.M, atopábase nunha carretilla elevadora cando se precipitou encima dun palé, segundo comunicou o 112 Galicia.

O Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia enviou ata o lugar unha ambulancia medicalizada de soporte vital básico cun equipo de Atención Primaria. Xa no punto, realizaron manobras de reanimación á vítima, pero non puideron facer nada por salvarlle a vida.

Ademais, tamén acudiron ao lugar do suceso axentes da Garda Civil e da Policía Local co fin de recoller todos os datos relacionados con este sinistro.

ÚLTIMAS

Vigo activa a prealerta por seca e restrinxe o uso da auga en baldeos, regos, fontes e duchas das praias

O Concello de Vigo activou a situación de prealerta por seca e adoptou medidas...

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...