InicioSucesosMorre un mozo de 23 anos atropelado por un turismo en Ponteareas

Morre un mozo de 23 anos atropelado por un turismo en Ponteareas

Resultou falecido no punto

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un mozo de 23 anos, F.P.S., perdeu a vida ao sufrir o atropelo dun vehículo á altura do quilómetro 645 da N-120, ao seu paso por Ponteareas. O 112 Galicia recibiu o aviso duns particular minutos despois das 7,00 horas deste mércores. Este informaba dun atropelo na N-120, á altura da Igrexa dos Remedios.

A alerta trasladouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local. O 061 ratificou que foi atendido un home de 23 anos, que resultou falecido no punto. O 061 mobilizou persoal sanitario do punto de atención continuada (PAC) de Ponteareas e dúas ambulancias.

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...