Un raio fai rebentar a subministración eléctrica dunha casa en Salceda, sen deixar persoas feridas

Non houbo feridos.

Raio nunha treboada. Foto de arquivo.. EUROPA PRESS - Arquivo

Un raio caído na tarde do domingo nunha vivenda de Salceda de Caselas fixo rebentar o sistema de subministración eléctrica do inmoble, pero sen deixar feridos.

Ocorreu sobre as 19,30 horas do domingo, cando o 112 Galicia recibiu a chamada de urxencia dunha persoa con domicilio no lugar de Torrón. Indicaba que tiña a casa chea de fume despois de que a instalación eléctrica ardese completamente e rebentasen as paredes.

Seguidamente, os xestores do 112 pediron a colaboración dos bombeiros do Baixo Miño e dos voluntarios de Protección Civil da localidade coa finalidade de reverter a situación e devolver a normalidade á vivenda, dado que seguía chea de fume.

Unha vez concluída a intervención, os efectivos de extinción constataron que tamén se viu afectado o tellado. Iso si, confirmaron que ningunha persoa necesitara asistencia porque a casa estaba baleira cando caeu o raio.