InicioSucesosBalaídos e Navia, novamente inundados

Balaídos e Navia, novamente inundados

Unha árbore provocou cortes da circulación na Avenida Clara Campoamor.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As inmediacións do estadio municipal de Balaídos e a rotonda da VG-20 no barrio de Navia volveron a alagarse unha vez máis tras as choivas rexistradas na cidade de Vigo.

Tal como informou a Policía Local, foron varias as incidencias contabilizadas nas últimas horas debido ao temporal que vive a urbe olívica. Foi sobre as 03,40 horas cando tivo que ser cortada a rúa dos Olímpicos debido á gran bolsa de auga acumulada, alertando aos propietarios que tiñan alí os seus coches aparcados para que fosen retiralos.

Mesma situación deuse minutos despois en Navia, así como na rotonda de Canteiros en Bouzas. Ademais, esta madrugada tamén se alagou a rúa Julián Estévez en varias ocasións, quedando polo menos un vehículo con catro ocupantes bloqueado na zona.

As choivas tamén provocaron a caída dunha árbore en Vigo, que cortou un carril da Clara Campoamor en dirección centro da cidade.

ÚLTIMAS

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...