InicioSucesosUn home, detido en Vigo tras agredir á súa parella no parque...

Un home, detido en Vigo tras agredir á súa parella no parque de Castrelos

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home, C.E.B.L. de Francia e 34 anos de idade, foi detido na madrugada deste pasado domingo en Vigo tras supostamente agredir á súa parella no parque de Castrelos da cidade olívica.

Tal como informou a Policía Local, foi sobre as 03,00 horas cando os axentes recibiron a chamada de alerta dun veciño, tras escoitar os berros de auxilio dunha muller que se atopaba neste parque.

Unha vez no lugar, os actuantes entrevistáronse coa moza viguesa de 21 anos de idade, que lles explicou entre prantos que minutos antes discutira coa súa parella, momento no cal o home deulle varios golpes na man e tiroulle as cousas ao chan.

Pola súa banda, o aludido recoñeceu os feitos, pero negou a agresión. A pesar diso, foi detido pola suposta comisión dun delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

De Baiona a Bruxelas: a iniciativa cidadá que cambiará a seguridade infantil nos coches europeos

Pedro Telmo, veciño de Baiona, impulsou unha campaña en Change.org que superou as 62.500...

O BNG esixe cambiar o plan de tráfico do Nadal de Vigo tras o “caos” do acendido das luces e o desfile de Disney+

O BNG de Vigo urxiu ao Goberno municipal que "rectifique" o plan de tráfico...

“Ameaza a supervivencia do barrio”: Lavadores mobilízase contra o proxecto de vivendas da Xunta

Máis de mil veciños do barrio vigués de Lavadores asinaron unha carta dirixida ao...

O histórico Teatro Fraga de Vigo volverá á vida: case 20 millóns de euros para unha reforma que comezará en 2027

O Consello da Xunta autorizou este luns a licitación das obras de restauración do...