InicioSucesosFerido o condutor dun camión que chocou contra unha furgoneta nas instalacións...

Ferido o condutor dun camión que chocou contra unha furgoneta nas instalacións dunha empresa en Vigo

Produciuse ás 17,30 horas deste luns no polígono de Valadares.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O condutor dun camión resultou ferido ao sufrir un accidente contra unha furgoneta dentro das instalacións dunha empresa de automoción en Vigo.

O accidente, segundo informou o CIAE 112 Galicia, produciuse ás 17,30 horas deste luns no polígono de Valadares.

O camión e a furgoneta realizaban tarefas de transporte dentro das instalacións cando impactaron. O condutor do camión tivo que ser evacuado a un centro médico polo persoal de Urxencias Sanitarias 061.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...