InicioSucesosTres feridos nun aparatoso accidente en Teis cun coche envorcado

Tres feridos nun aparatoso accidente en Teis cun coche envorcado

Entre os feridos había unha menor.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tres persoas –un home, unha muller e unha menor– recibiron asistencia sanitaria debido a un accidente de tráfico rexistrado na noite deste pasado mércores ao saírse do carril un vehículo, impactar con outro e envorcar na estrada N-552 no límite de Vigo e Redondela.

Segundo informou o 112 Galicia, tivo coñecemento sobre as 21,30 horas deste mércores deste accidente debido a unha colisión na N-552, en Vigo e que obrigou a cortar o tráfico mentres duraron os traballos dos equipos de emerxencias.

Foron varios particulares os que contactaron co 112 Galicia para solicitar axuda sanitaria por mor dunha colisión que se produciu na Avenida de Redondela, na parroquia de Teis, no límite con Chapela, Redondela. De inmediato, os xestores de emerxencias pasaron aviso a profesionais sanitarios e aos Bombeiros de Vigo, que confirmaron que non fora necesario excarcerar a ningún dos ocupantes.

Ademais, por parte do 112 púxose a situación en coñecemento dos axentes de Tráfico, da Policía Local e do servizo de mantemento da estrada.Fontes consultadas indicaron que no vehículo accidentado ían tres adultos –un home e dúas mulleres– e unha nena. O home presentaba feridas nun brazo.

ÚLTIMAS

O pleno extraordinario de aprobación do novo PXOM celebrarase o 26 de maio

O goberno municipal de Vigo fixou para o vindeiro luns 26 de maio o pleno extraordinario...

O xerente da área sanitaria sobre as esperas dun mes para analíticas: “O aumento de peticións de probas é tremendo”

O xerente da área sanitaria de Vigo, Francisco Javier Puente, referiuse este luns ao aumento...

Detido un veciño do Porriño que deu unha malleira a un septuaxenario para roubarlle

O Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Vigo detivo a un home de 42...

O festival de Cans 2025 arrinca coa retrospectiva internacional a Alejandro Loayza

A XXII edición do Festival de Cans arrinca este martes na aldea do Porriño...