InicioSucesosUn ferido na colisión entre dous coches en Tui

Un ferido na colisión entre dous coches en Tui

Ocorreu en Randufe.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha persoa tivo que ser evacuada ao resultar ferida na colisión entre dous coches rexistrada este venres no termo municipal de Tui.

O sinistro, segundo informa o CIAE 112 Galicia, tivo lugar en Randufe, na ligazón da estrada N-551 coa A-55 ás 17,00 horas deste venres.

Un das persoas que viaxaban nos coches implicados resultou ferida e tivo que ser evacuada polos efectivos de Urxencias Sanitarias 061 ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Ademais, tamén foi necesaria a intervención dos servizos de asistencia posto que os vehículos bloqueaban a circulación no lugar do accidente.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...