InicioSucesosAs declaracións de afectados polas obras de Rande sinalan retencións diarias na...

As declaracións de afectados polas obras de Rande sinalan retencións diarias na AP-9

A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra celebrou, este mércores, a vista de apelación pola cobranza de peaxes durante as obras de Rande, na que cinco usuarios afectados declararon que as retencións na autoestrada producíanse a diario.

PUBLICADO O

A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra celebrou, este mércores, a vista de apelación pola cobranza de peaxes durante as obras de Rande, na que cinco usuarios afectados declararon que as retencións na autoestrada producíanse a diario.

Esta foi a novidade neste caso, por primeira vez púidose escoitar aos condutores prexudicados que se viron atrapados polos atascos, un testemuño que fora rexeitado polo xuíz no primeiro xuízo que non os considerou “útiles e pertinentes”, como si entenderon os maxistrados do órgano provincial.

Aquela vista no Xulgado do Mercantil 1 de Pontevedra terminou cunha sentenza que condenou a Audasa a restituír as peaxes cobradas durante esas 81 incidencias que o xuíz viu acreditadas entre o 27 de febreiro de 2015 e xuño de 2018.

O primeiro en comparecer este mércores foi Carlos Alberto Sexto, usuario da autoestrada “a diario” por motivos de traballo, que se desprazaba de Caldas de Reis ao Porriño. Asegurou ser un dos automobilistas prexudicados polos atascos na AP-9.

Traballaba a quendas polo que esta situación vivíaa a calquera hora do día, aínda que “as fins de semana e polas noites, non había tanta densidade de tráfico”. “Cando non había obras case sempre había maquinaria, un carril cortado e sinais de redución de velocidade“, declarou. A máis significativa de todas as retencións, segundo relatou, foi unha de 40 minutos cando os atascos chegaban desde Pontevedra á peaxe de Rande. “

NON HABÍA AVISOS INFORMATIVOS

A continuación, declarou Cristina Trigo Barros, médico de Povisa, “usuaria diaria da autoestrada”. Relatou que había “carrís cortados, sinais que reducían a velocidade”. “No mellor día, chegaba con 15 minutos de atraso á consulta”, lembra. Estes problemas obrigaron a esta muller a “anular moitísimas consultas”. “Moitos pacientes eran da zona do Morrazo, e algúns xa nin sequera acudían á consulta”, agrega. “

Todos os días había retencións”, asegurou. Igualmente, esta testemuña narra que non había carteis informativos da situación do tráfico, tan só unha vez dentro do vial había cartelería que indicaba retencións, pero xa non había posibilidade de saír da AP-9.

EN ALTERNATIVA

A terceira testemuña en declarar nesta vista foi Daniel Gómez Fernández. “Son un afectado que vai e vén todos os días de Pontevedra a Vigo para traballar“, explicou este empregado de banca. Durante estes tres anos, as retencións na autoestradas “foron continuas”, o que lle supuxo un incremento no tempo de viaxe “todos os días” de entre media hora e quince minutos.

Os atascos atopáballos “despois da peaxe de Vilaboa” onde “sempre había un carril cortado” e “o gordo” producíase co embude da incorporación dos vehículos de Cangas. Dar toda a volta pola ría non o considera “unha alternativa” xa que “supón 45 minutos de viaxe”.

PICADAS DE RODAS POLAS OBRAS

Josefa Cores Oubiña, outra testemuña, desprázase todos os días por motivos laborais de Cambados a Vigo e reiterou os argumentos esgrimidos polos comparecentes. Ademais, sinalou que “en dúas ocasións” rebentáronlle ” as rodas na autoestrada con parafusos da obra”. Tamén rexeitou que, como sinala a sentenza, as retencións se limitasen a sete días concretos: “Eran moitísimos días”.

A continuación declarou Agustín García, outra testemuña destes feitos proposto pola asociación En Colectivo. No seu caso é un veciño de Santiago de Compostela que se despraza con frecuencia a Vigo e a Baiona. O relato desenvolveuse nos mesmos termos que os anteriores. Con el acabou a proba testifical. “O tribunal séntese suficientemente ilustrado”, dixo o presidente da sala antes de dar paso ás conclusións.

CONCLUSIÓNS

O fiscal sinalou que na sentenza referíase que o atraso que supuxo a obra era de poucos minutos, pero: “Vimos en día de hoxe que isto non era así”. “Están a dicir simple e sinxelamente o que pasou, que é algo que toda a provincia coñece”, sentenciou.

Igualmente, o representante do Ministerio Público reiterou que “as retencións eran diarias” e de aí xorde unha “cobranza abusiva” polo uso dunha vía que ademais era “insegura” e de cuxas circunstancias “non se avisaba” por parte da concesionaria antes de entrar na autoestrada que era “obxecto da súa explotación comercial”. O fiscal propuxo “homoxeneizar os prexuízos á hora de compensar aos afectados”.

As acusacións particulares acudidas nesta causa tamén asegurou que con estes testemuños quedou acreditado un “incumprimento flagrante da empresa concesionaria das obrigacións que tiña cos seus clientes”. O letrado que defende a Audasa descualificou estes testemuños ao entender que son “interesados” e “posibles perceptores da indemnización”.

Referiuse a contradicións pola “percepción subxectiva” das testemuñas “debida ao paso do tempo”. Tamén significou o avogado de Audasa que tan só son cinco testemuñas, o que “non pode ter o mesmo peso” fronte aos “miles de usuarios” que empregaron a autoestrada naquel período e á proba documental achegada no primeiro xuízo. Finalmente, reiterou que as 81 incidencias esgrimidas por Audasa están recollidas polas cámaras de tráfico e as papeletas de servizo da Garda Civil. Engade á súa declaración a “falta de competencia” da concesionaria sobre a información do estado do vial.

RECURSO

O fallo foi recorrido, por unha banda por Audasa, que pide no seu escrito a anulación da resolución por falta de competencia da xurisdición mercantil e, de forma subsidiaria, solicitaba que a pena se cinga aos dous atascos graves que a empresa estima que houbo durante as obras.

Despois presentou o seu recurso Fiscalía ao estar en desacordo coa sentenza porque non estima integramente as súas peticións: que os beneficiarios sexan todos os condutores que pasaron pola AP-9 durante os tres anos de traballos en Rande e que se prohiba a Audasa cobrar íntegras as tarifas cando haxa retencións como as xeradas polas obras.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...