InicioSociedadeEvacuado a Vigo un tripulante dun remolcador por intoxicación tras inxerir unha...

Evacuado a Vigo un tripulante dun remolcador por intoxicación tras inxerir unha sustancia química

PUBLICADO O

- Advertisement -

O tripulante dun remolcador situado ao suroeste de Vigo tivo que ser evacuado de urxencia por mor dunha posible intoxicación por inxerir unha sustancia química.

Así o informou o 112 Galicia, que relatou que o traslado foi executado polos rescatadores do Servizo de Gardacostas de Galicia a petición de Salvamento Marítimo, despois de recibir o aviso dun tripulante que inxerira unha sustancia química.

Iso comunicárono os rescatadores ao 112 Galicia sobre as 19,00 horas deste xoves cando o helicóptero ‘Pesca 1’ trasladaba ao afectado ao Aeroporto de Vigo, onde esperaba unha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Así mesmo, por parte do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informouse os axentes da Garda Civil.

ÚLTIMAS

“Unha viaxe a Brobdingnag”, a particular cartografía da cultura viguesa en máis de 200 retratos

A Asociación Cultural Évame Oroza inaugura o vindeiro venres, 2 de outubro, ás 20.00...

Tradutores alerta da precarización do traballo pola IA e piden non substituír humanos por máquinas

A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI) convocou este mércores...

O BNG esixe á Xunta que rectifique o plan de transporte de Vigo e acusa o PP de “reincidir nun modelo sen futuro”

O BNG de Vigo esixiulle á Xunta que “rectifique” o plan de transporte para...

Armadores de Vigo ven “absolutamente insuficientes” as axudas para o sector pola crise de Oriente Medio

A Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI) considera "absolutamente insuficientes"...