InicioVigo e contornaRedondelaIntoxicados catro membros dunha familia por acumulación de gas nunha vivenda de...

Intoxicados catro membros dunha familia por acumulación de gas nunha vivenda de Redondela

Un dos afectados foi trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro polo equipo de urxencias médicas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Catro membros dunha familia de Redondela, dos que dous son menores de idade, precisaron asistencia médica ao sufrir unha intoxicación debida á acumulación de gas no interior da súa vivenda. Un deles foi trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Ocorreu na mañá deste luns nunha residencia da rúa do Espírito Santo e foron os profesionais sanitarios os que deron o aviso ao 112 Galicia. E é que os propios ocupantes da casa solicitaran asistencia médica tras presentar síntomas compatibles cunha intoxicación.

Seguidamente, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos bombeiros de Redondela, que retiraron unha bombona de butano do interior e procederon a ventilar a vivenda ata comprobar que as medicións de gas eran negativas. No entanto, pasouse o aviso igualmente á empresa subministradora, así como á Policía Nacional e á Local.

Un dos membros da familia foi trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro polo equipo de urxencias médicas, mentres que os tres restantes acudiron a este mesmo centro sanitario polos seus propios medios.

ÚLTIMAS

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...

A concelleira de Seguridade de Vigo rexeita dimitir á espera da sentenza do caso Saltamontes: “Non está nas nosas mans”

A concelleira de Seguridade do Concello de Vigo, Patricia Rodríguez, recoñeceu estar "pendente" do...