InicioSucesosDetido en Tui o irmán de Sinaí Giménez, buscado desde maio de...

Detido en Tui o irmán de Sinaí Giménez, buscado desde maio de 2019 por un tiroteo nunha pedida de man

Unha das balas alcanzou a unha moza de 15 anos na cara.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo en Tui a Juan Paulo G.J., irmán de Sinaí Giménez (coñecido como ‘rei dos xitanos de Galicia’), buscado desde maio de 2019 por, supostamente, irromper nun local do Porriño onde se estaba celebrando unha pedida de man, e efectuar varios disparos, que acabaron ferindo a dous mozos.

A detención produciuse ás 23,40 horas do mércores, cando unha dotación de Seguridade Cidadá da Garda Civil de Tui interceptou o coche no viaxaba Juan Paulo durante un control preventivo.

O irmán maior do chamado ‘clan dos Morones’ foi trasladado aos xulgados de Tui, pero é posible que estes determinen a súa posta a disposición doutros xulgados xa que lle constan dous requisitorias xudiciais de procura, detención e personación, emitidas polo xulgado de instrución 1 do Porriño e o xulgado Penal 1 de Pontevedra.

As forzas de seguridade consideran a Juan Paulo autor dos disparos que se efectuaron na madrugada do 19 de maio de 2019 nun local do polígono de Torneiros, no Porriño. No establecemento estaba a celebrarse unha pedida de man coa participación de familias e achegados do colectivo dos ‘xitanos zamoranos’.

Segundo algunhas testemuñas, Juan Paulo irrompeu na celebración cun arma de fogo e efectuou varios disparos ao aire que, ao rebotar, alcanzaron a unha nena de 15 anos na cara, e a outro mozo nas costas. Despois abandonou o lugar nun turismo conducido por outra persoa.

ANOS DE ENFRONTAMENTO

Os chamados ‘xitanos zamoranos’ e o ‘clan dos Morones’ manteñen desde hai anos un enfrontamento, no que se viviron varios episodios de tensión: en 2014 a familia de ‘os Morones’ decretou a expulsión de Galicia dos ‘xitanos zamoranos’, aínda que logo chegouse a un pacto para o seu regreso e para buscar unha convivencia pacífica.

Con todo, a tregua durou pouco e, en outubro de 2015, varios vehículos de feirantes foron tiroteados na VG-20, só días despois de que se producise unha liorta entre ‘galegos’ e ‘zamoranos’ no mercadillo de Cangas. Os incidentes reproducíronse tamén posteriormente na feira de Redondela.

Ademais, destes incidentes, varios membros da familia de ‘os Morones’ foron xulgados e condenados por causar altercados e agredir a un avogado ás portas dos xulgados de Tui en abril de 2014. Nesa causa tamén foi investigado Juan Paulo, pero cando se celebrou o xuízo (tras varios adiamentos) estaba fuxido e non se presentou.

A autodenominada ‘familia real xitana de Galicia’ e algúns achegados están a ser investigados, así mesmo, por un xulgado de Cangas por varios delitos (ameazas, branqueo, coaccións, etc.), relacionados coa suposta extorsión a outros feirantes.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...