InicioSucesosBombeiros rescatan a un home tras un accidente na circunvalación de Vigo

Bombeiros rescatan a un home tras un accidente na circunvalación de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Efectivos do corpo de bombeiros liberaron na madrugada deste xoves a un home atrapado no seu vehículo despois de sufrir un accidente na estrada de circunvalación de Castrelos en Vigo.

Segundo informou o 112, efectivos de salvamento da cidade indicaron que a persoa foi trasladada en ambulancia a un centro hospitalario sen recuperar aínda a consciencia.

Foi unha persoa particular quen deu a voz de alarma mediante a súa chamada ao 112 Galicia pasada as 1,00 horas. En concreto, sinalou que había un vehículo accidentado no medio do carril cuxo condutor estaba inconsciente.

Por iso, o persoal do 112 avisou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como aos Bombeiros de Vigo, non só pola situación na que se atopaba o condutor, senón tamén porque a persoa que alertou do suceso engadiu que o vehículo comezara a arder.

Unha vez no lugar do accidente, comprobaron que o fume branco que se desprendía do capó do coche era vapor de auga e o condutor estaba atrapado. Así, procederon á excarceración e facilitaron a asistencia do equipo médico. Con todo, a persoa foi evacuada sen recobrar a consciencia. Ademais de bombeiros e sanitarios, neste operativo tamén colaboraron axentes da Policía Local.

ÚLTIMAS

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...