InicioSucesosIdentificados 21 mozos por non manter distancias nin usar máscara nun botellón...

Identificados 21 mozos por non manter distancias nin usar máscara nun botellón nunha praia de Cangas

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil disolveu este fin de semana unha concentración de mozos que consumían bebidas alcohólicas sen manter as distancias nin utilizar máscara na praia de Liméns, en Cangas. En total, foron identificados 21 dos participantes no botellón e denunciados outros catro por tenencia e consumo de sustancias estupefacientes.

Segundo informa o Instituto Armado, a actuación produciuse durante un servizo de seguridade cidadá efectuada por parte da Compañía de Pontevedra. Os mozos, tal e como relata a Garda Civil, atopábanse consumindo bebidas alcohólicas e incumprindo “as medidas sanitarias” para a prevención de contaxios de COVID-19. “O non facer uso de máscara nin respectar a distancia social”, levou á identificación de 21 deles.

Dentro do mesma orde de actuacións, foron denunciados outros catro novos por tenencia e consumo de sustancias estupefacientes. Todos estes feitos foron reportados pola Benemérita ante as autoridades sanitarias da Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

O tráfico de mercadorías do Porto de Vigo rexistra nova marca histórica

O Porto de Vigo pechou o primeiro semestre deste ano con novas "marcas históricas",...

Caballero esixe á Xunta que remate co maltrato á educación viguesa

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve "intolerable" que a Xunta "maltrate a educación...

O PP de Vigo lamenta a “falta de alternativas” do Concello tras non autorizar atraccións nas festas Bouzas

O grupo municipal do PP de Vigo lamentou a "falta de alternativas" do Concello...

Detido en Vigo por transportar máis de 100 pastillas de anabolizantes e viagra no seu coche

A Policía Local de Vigo detivo o pasado mércores a un home, I.E.R.Q. de...