InicioSucesosDetido un ladrón tras a colaboración dos clientes dun bar de Vigo

Detido un ladrón tras a colaboración dos clientes dun bar de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A colaboración dos clientes dun bar de Vigo permitiu á Policía Local deter ao suposto autor dun furto cometido horas antes no establecemento, un veciño da cidade, J.G.G.G., de 30 anos de idade.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron á primeira hora da tarde deste domingo, cando unha persoa chamou ao 092 para informar de que tiña retido a un home, que supostamente subtraera mil euros do bolso da dona dun bar da cidade.

Ao chegar ao lugar, os axentes entrevistáronse coa prexudicada, que relatou que o día anterior un home marchara do local de forma apresurada, sen pagar a súa consumición. Ao revisar as cámaras de seguridade, observou como o home, nun momento de descoido, introducira a man no seu bolso e furtoulle a carteira.

Ese mesmo día, horas despois do incidente, a muller descubriu ao sospeitoso paseando por diante do local polo que, con axuda dalgúns clientes, retivérono mentres solicitaron a presenza de axentes do 092, que procederon á súa detención.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...