InicioSucesosAchan o corpo sen vida dun home que se tirou desde a...

Achan o corpo sen vida dun home que se tirou desde a Ponte de Rande

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os equipos de salvamento rescataron na mañá deste mércores o corpo sen vida dun home debaixo da Ponte de Rande, en Moaña, informou o 112.

Segundo informou o 112 Galicia, os feitos ocorreron pouco antes das 9,00 horas deste mércores cando varias persoas particulares contactaron co servizo de emerxencias tras ver a alguén precipitarse á auga desde a ponte da AP-9.

Deste xeito, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisou a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas para enviar á zona senllas dotacións por mar e aire e dar, así, co home xa sen vida.

Posteriormente, foi trasladado ao Porto de Domaio, onde esperaba un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aínda que o persoal sanitario nada puido facer por esta persoa. Ademais, solicitouse a intervención dos axentes da Garda Civil, que investigan as circunstancias deste falecemento.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...