InicioSucesosDetido un mozo de 21 anos por un delito de homicidio por...

Detido un mozo de 21 anos por un delito de homicidio por imprudencia mentres conducía de forma temeraria en Mondariz

O mozo tamén foi detido polos delitos de lesións e contra a seguridade viaria.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un veciño de Mondariz (Pontevedra) de 21 anos de idade foi detido como suposto responsable dun accidente de tráfico ocorrido cando participaba nun “pique” con outros dous condutores a semana pasada en O Covelo, no que faleceu unha muller e outro seis persoas resultaron feridas de diversa consideración.

O accidente produciuse sobre as 20.00 horas do martes 21 de xullo, á altura do quilómetro 11 da estrada PO-261, cando dous turismos chocaron de maneira frontal. Nun dos vehículos viaxaba un matrimonio de avanzada idade cos seus netos e a muller faleceu practicamente no acto.

A detención do condutor do vehículo que supostamente ocasionou o accidente levouna a cabo a Garda Civil o pasado venres 24 de xullo, aínda que non transcendeu ata este xoves. Ao arrestado atribúenselle os supostos delitos de homicidio por imprudencia, lesións e contra a seguridade viaria por conducir de forma temeraria, ao facelo a unha velocidade excesiva e con adiantamentos de forma antirreglamentaria.

As investigacións foron realizadas polo Equipo de Atestadosdel Destacamento de Tráfico da Garda Civil do Porriño, xunto co Grupo de Información da Agrupación de Tráfico (GIAT) do Subsector de Pontevedra.

OUTROS DOUS CONDUTORES INVESTIGADOS

As pescudas tamén conduciron á investigación penal dos condutores doutros dous vehículos que supostamente participaban en “unha especie de pique” xunto co causante do accidente, “conducindo de forma manifestamente temeraria, nos instantes previos” ao sinistro, apunta un comunicado da Garda Civil de Pontevedra.

A estes dous condutores notificóuselles a súa condición de investigados por un delito contra a seguridade viaria por conducir “de forma temeraria, velocidade excesiva e adiantamentos antirreglamentarios”.

A Garda Civil apunta que o condutor do vehículo que supostamente ocasionou o accidente enfróntase a unha pena de prisión dun a catro anos, así como a privación de conducir vehículos a motor ou ciclomotores dun a seis anos.

Pola súa banda, as penas dos outros dous condutores poden supoñer condenas de prisión de seis meses a dous anos e privación deconducir vehículos a motor ou ciclomotores por tempo superior a un e ata seis anos. As dilixencias instruídas entregáronse no Xulgado de Instrución de garda de Ponteareas.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...