InicioVigo e contornaO PorriñoFalece un traballador nun accidente laboral no Porriño

Falece un traballador nun accidente laboral no Porriño

Sufriu un forte golpe mentres traballaba nunha empresa do polígono industrial de Atios.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un operario resultou falecido na tarde deste luns tras sufrir un accidente laboral no municipio do Porriño.

Segundo informaron fontes do CIAE 112-Galicia, o suceso ocorreu pouco antes das 16.00 horas, cando un compañeiro da vítima alertou de que recibira un forte golpe mentres traballaba nunha empresa do polígono industrial de Atios.

Ata a zona desprazouse unha ambulancia do 061 que, con todo, só puido certificar a morte do traballador. No operativo interviñeron tamén efectivos da Garda Civil, a Policía local e Protección Civil da localidade.

ÚLTIMAS

Arde un prototipo creado por estudantes na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo

Un incendio nun garaxe anexo da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, no campus...

Disputa familiar nas redes sociais mobiliza ás forzas de seguridade

A Garda Civil investiga a unha decena de persoas das zonas de Vigo e...

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...