InicioVigo e contornaMosUn accidente con catro coches implicados en Mos sáldase cunha persoa...

Un accidente con catro coches implicados en Mos sáldase cunha persoa ferida

O ferido foi trasladado a unha clínica hospitalaria.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un accidente no que se viron implicados catro vehículos na A-55, ao seu paso polo municipio pontevedrés de Mos, saldouse cunha persoa ferida e trasladada a unha clínica hospitalaria.

En concreto, o suceso tivo lugar preto das 11,00 da mañá deste martes, nun punto próximo ao quilómetro 12. A esa hora, un particular púxose en contacto co 112 Galicia para informar do ocorrido.

Na súa chamada, esta testemuña do sinistro indicaba que varios turismos chocaran mentres se desprazaban pola A-55 en dirección Vigo.

Seguidamente, os xestores do 112 avisaron do accidente a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos bombeiros de Baixo Miño e aos membros do Servizo Municipal de Emerxencias de Mos.

Unha vez no lugar dos feitos, os equipos de emerxencia confirmaron que os ocupantes dos catro vehículos atopábanse liberados e accesibles. Ademais, informaron de que unha persoa fora evacuada en ambulancia a unha clínica hospitalaria.

Así mesmo, o 112 Galicia solicitou a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e do servizo de mantemento da vía para garantir as condicións de seguridade no tramo do accidente.

ÚLTIMAS

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...

Organizacións de produtores de Vigo reclaman axilizar axudas ante a “difícil situación” da frota pesqueira

Organizacións de produtores viguesas (Opnapa, OPPC-3 e OPPF-4) trasladaron á secretaria xeral de Pesca,...

Besteiro pon o foco nas 100.000 vivendas baleiras de Galicia e esixe á Xunta actuar, poñendo a Vigo como exemplo de boa xestión: “Non...

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, puxo este venres como exemplo...