InicioSucesosMedios de Galicia e Portugal buscan a un mozo que caeu ao...

Medios de Galicia e Portugal buscan a un mozo que caeu ao río Miño en Melgaço

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Axencia Galega de Emerxencias ( Axega) puxo en marcha o protocolo de cooperación transfronteiriza ARIEM 112 por mor dun mozo que caeu este martes ao Río Miño na localidade portuguesa de Melgaço.

Despois de varias horas na súa procura, os equipos de seguridade e rescate de ambas as marxes do Río Miño volverán este mércores á zona para continuar cos rastreos.

Pasadas as 19,30 horas deste martes o 112 Galicia recibiu a chamada de alerta dun compañeiro da vítima que pedía axuda para localizar a un mozo desaparecido no río, na beira de Remoães, en Melgaço.

Segundo puideron pescudar os axentes da Garda Nacional Republicana de Portugal, todo parece indicar que o mozo escorregou e caeu á auga. Durante un tempo, as persoas que estaban con el tíñano á vista, pero a corrente do río arrastrouno ata que lle perderon o rastro.

Coa chegada da noite e a perda de visibilidade, os equipos de rescate suspenderon a busca ata a mañá deste mércores cando estaba previsto que se renovasen estes traballos, para os que os medios portugueses contarán coa colaboración do persoal da Comandancia Naval de Tui (Pontevedra).

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...