InicioSucesosUn incendio no cadro eléctrico leva a desaloxar un edificio na Guarda

Un incendio no cadro eléctrico leva a desaloxar un edificio na Guarda

Unha muller foi asistida.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un edificio de catro plantas foi desaloxado na noite do pasado martes na Guarda por mor dun incendio declarado nun cadro eléctrico, polo que foi atendida unha muller no lugar.

Segundo informou o 112 Galicia, debido á propagación do fume no inmoble a veciñanza tivo que abandonar as súas vivendas, sen que se rexistrasen danos persoais.

Os feitos tiveron lugar na rúa de Enrique María Sesto sobre as 22,00 horas. Nese momento, varias persoas particulares contactaron co 112 Galicia para avisar do incendio.

Tras iso, o persoal do CIAE 112 puxo a situación en coñecemento da Garda Civil, dos Bombeiros do Porrriño, do GES da Guarda e de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Tamén se informou do sucedido aos Bombeiros de Vigo.

Ao lugar o 061 enviou unha ambulancia e un equipo sanitario de Atención Primaria que atendeu no lugar, sen necesitar traslado, á muller M.J.S.F., de 62 anos.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, as persoas desaloxadas puideron regresar ás súas vivendas unha vez sufocado o incendio.

ÚLTIMAS

O Peugeot 2008 ‘made in Vigo’ sitúase entre os modelos máis vendidos en España no que vai de ano

O Peugeot 2008, fabricado na planta viguesa de Stellantis, situouse na lista dos 10...

“Unha viaxe a Brobdingnag”, a particular cartografía da cultura viguesa en máis de 200 retratos

A Asociación Cultural Évame Oroza inaugura o vindeiro venres, 2 de outubro, ás 20.00...

Tradutores alerta da precarización do traballo pola IA e piden non substituír humanos por máquinas

A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI) convocou este mércores...

O BNG esixe á Xunta que rectifique o plan de transporte de Vigo e acusa o PP de “reincidir nun modelo sen futuro”

O BNG de Vigo esixiulle á Xunta que “rectifique” o plan de transporte para...