InicioSucesosSolicitan máis de vinte anos de prisión para cinco acusados por tráfico...

Solicitan máis de vinte anos de prisión para cinco acusados por tráfico de drogas

Os cinco están acusados de encargarse da provisión e distribución de estupefacientes, tanto cocaína como haxix e planta de cannabis, así como cooperar entre eles e traballar de forma coordinada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Cinco persoas serán xulgadas por un delito contra a saúde pública segundo a acusación  da Fiscalía. Piden cinco anos de prisión para tres deles e 4 anos e seis meses para outros dous por traficar con cocaína e haxix en Vigo desde agosto de 2017 a xuño de 2018.

En concreto, os cinco están acusados de encargarse da provisión e distribución de estupefacientes, tanto cocaína como haxix e planta de cannabis, así como cooperar entre eles e traballar de forma coordinada.

Segundo o documento do Ministerio Fiscal, o grupo de UDEV-DROGAS, da Comisaría do Corpo Nacional de Policía de Vigo, estivo a investigar aos implicados durante case un ano. Ao longo dese período interviron en diversas ocasións a supostos narcotraficantes e incautáronlles diversas cantidades de droga e diñeiro.

En total, os axentes interviron aos acusados en sete ocasiones nas que subtraeron varios quilos de haxix e cocaína que portaban en bolsas plásticas e ían intercambiarse en domicilios concretos.

Ademais, a través de intervencións telefónicas a Policía descubriu que a dous dos acusados “os unía unha relación de estreita de colaboración na súa dedicación á provisión, manipulación, corte e distribución lucrativa de estupefacientes” e adulteraron “as sustancias estupefacientes con que comerciaban para obter delas un maior rendemento económico”.

REXISTROS

Foi o 20 de xuño 2018 cando se realizou o rexistro na vivenda dun dos acusados, en Bembrive. Alí encontraon 1. 784gramos de cannabis, varios centos de euros e en toda a planta baixa descubriuse a existencia dunha instalación destinada ao cultivo de planta de cannabis.

Nun segundo rexistro, na vivenda doutro dos acusados 4.036 gramos de haxix, 3.269 gramos de cocaína e outras pequenas cantidades soltas das mesma substancias. En ambas as vivendas atopáronse tamén efectos e instrumentos relacionados coa actividade ilícita que de desenvolvían de consumo.

Por todo isto, os acusados enfróntanse –ademais da a pena de prisión– a unha multa de 3.000 euros cada un. O xuízo celebrarase os próximos 26 e 28 de febreiro na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo.

ÚLTIMAS

Vigo declara deserta a licitación do mercadillo de Nadal

O Concello de Vigo declarou "deserta" a licitación para a instalación do mercadillo do...

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o 4 de outubro o grupo tributo de The Beatles Abbey Road

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o próximo 4 de outubro o grupo tributo...

O BNG de Vigo reclamará en pleno a dimisión de Rueda pola súa “neglixente” xestión nos incendios

O BNG de Vigo reclamará no próximo pleno municipal a dimisión do presidente da...

Detido en menos de 48 horas o presunto autor dun atraco en Vigo

A Policía Nacional detivo esta semana ao suposto autor dun atraco nun supermercado, onde...