InicioSucesosMorre un traballador no Porriño

Morre un traballador no Porriño

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home faleceu este xoves no concello pontevedrés do Porriño nun accidente cando traballaba no cambio dunha roda nunha empresa do polígono industrial das Gándaras, segundo informa o 112.

Ao lugar acudiron os servizos sanitarios, que só puideron confirmar a morte do operario; os bombeiros do Baixo Miño, a Garda Civil, axentes de Policía Local e voluntarios de Protección Civil.

O suceso produciuse ás 16,45 horas, momento no que o persoal da mesma empresa chamou ao 112 para solicitar axuda urxente por un traballador atrapado.

O 112 puxo os feitos en coñecemento dos profesionais sanitarios e dos Bombeiros que, finalmente, tras liberar o traballador atrapado, confirmaron o seu falecemento.

Ademais dos servizos de emerxencias, o 112 informou os feitos aos axentes da Garda Civil e Policía Local, ademais da voluntarios de Protección Civil.

ÚLTIMAS

Arde un prototipo creado por estudantes na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo

Un incendio nun garaxe anexo da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, no campus...

Disputa familiar nas redes sociais mobiliza ás forzas de seguridade

A Garda Civil investiga a unha decena de persoas das zonas de Vigo e...

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...