InicioSucesosPrisión provisional para o sexto detido relacionado co 'narcosubmarino' afundido en Cangas

Prisión provisional para o sexto detido relacionado co ‘narcosubmarino’ afundido en Cangas

O xulgado

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado de instrución número 1 de Cangas (Pontevedra) decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza, para o sexto detido pola súa vinculación co ‘narcosubmarino’ cargado de cocaína e afundido hai dúas semanas á entrada da ría de Aldán.

Este galego, que foi arrestado o pasado luns en Valencia, está investigado (do mesmo xeito que os outros cinco detidos pola súa relación con este transporte de droga) por un suposto delito de tráfico de drogas en cantidade de notoria importancia.

Os primeiros detidos no operativo despregado por Policía Nacional, Garda Civil e Vixilancia Aduaneira foron dous cidadáns ecuatorianos, tripulantes do ‘narcosubmarino’ no que transportaban uns 3.000 quilos de cocaína repartida en máis de 150 fardos. Estes dous homes foron interceptados cando tentaban fuxir tras afundir a nave, na zona de Punta Couso, á entrada da ría de Aldán.

Case unha semana despois, foi localizado, oculto nun alpendre, o terceiro tripulante e, ese mesmo día, foron detidas outras dúas persoas, supostamente encargadas de dar apoio loxístico aos ocupantes do batiscafo. Para todos eles, a xuíza ordenou o ingreso en prisión.

O último detido foi un galego interceptado en Valencia o pasado luns e que, segundo cren os investigadores, sería o encargado de coordinar a descarga da cocaína. Tras pasar este xoves a disposición xudicial, ingresará tamén en prisión.

ÚLTIMAS

Vigo e o turismo invisible

​Sempre que se analiza o éxito turístico de Vigo, os titulares repiten os mesmos...

O TSXG confirma catro anos de cárcere para un home por agredir sexualmente á neta da súa parella

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a pena de catro anos...

Abel Caballero pide ao Ministerio que Vigo sexa sede do Mundial 2030 tras a saída de Málaga

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reuniuse este luns coa ministra de Educación, Formación...

Abel Caballero destaca o “moi bo comportamento” do turismo en Vigo durante febreiro

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reivindicou a "moi boa ocupación hoteleira" da cidade...