
Fortes refachos de vento provocaron 60 incidencias en Vigo atendidas por Bombeiros e Policía Local, ningunha grave, a maioría relacionada coa caída de árbores, postes, farois e muros, e co desprazamento de colectores, entre as 8.00 e as 13.00 horas, informaron fontes municipais.
Unha árbore caeu sobre un coche estacionado no Berbés e rompeu o parabrisas, e outro se esborrallou sobre o paseo de Montero Ríos.
En total, foron quince as incidencias por caída de árbores, pólas ou postes, dez por farois e cableados descolgados, tres por desprendemento de muros, 14 por valos e carteis e 17 por colectores desprazados.
O servizo de transporte marítimo na ría de Vigo foi cancelado por climatoloxía adversa e un voo de Air Europa procedente de Madrid que tiña previsto aterrar no aeroporto de Peinador ás 11.50 horas tivo que volverse á capital.