InicioSucesosOs cans de rescate retoman a súa tarea coa prioridade de buscar...

Os cans de rescate retoman a súa tarea coa prioridade de buscar posibles vítimas nas ruínas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os labores de rebo após a explosión dun lugar onde se almacenaba de forma irregular material pirotécnico no municipio pontevedrés de Tui retomáronse na mañá deste xoves coa incorporación de cans de rescate e coa “máxima prioridade” de buscar posibles vítimas, en especial “ese posible desaparecido”. Polo tanto, pode chegarnos máis información sobre as consecuencias da explosión nas próximas horas.

Así o informou a Vicepresidencia da Xunta, que puntualizou que, até o momento, hai unha persoal falecida e outra posible desaparecida. Ademais, concretou que dos 30 feridos, sete deles son menores e “ningún corre risco a súa vida”.

A vicepresidencia da Xunta indicou que a autoridade xudicial determinou que o lugar “non era seguro para os grupos de intervención”, polo que durante a noite “quedaron catro dotacións de bombeiros que se dedicaron a extinguir posibles focos“.

Respecto diso, a Xunta explicou que todos os focos “foron de pouca relevancia”, salvo un “que foi maior” e requiriu dunha nodriza para dotar de auga aos bombeiros.

Axentes da Guardia Civil e Policía Nacional, axudados por Protección Civil, mantiveron a seguridade na zona, onde interviñeron 240 efectivos de emerxencias e ducias de axentes de Policía Nacional, Guardia Civil, Autonómica e Local.

Os veciños que perderon as casas foron reacollidos en hoteis e “reciben asistencia e apoio”, subliñou a Vicepresidencia da Xunta. Ademais, Cruz Vermella mantivo un dispositivo de albergue na zona, que prestou asistencia a cinco dos 30 evacuados.

Mentres tanto, o dono da pirotecnia continúa preso.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...